27/04/16

Celebramos o Día do Libro

Este venres pasado celebramos unha nova edición do Día do Libro.

Comenzamos o acto cos alumnos de 5º e 6º de primaria. Sara leu un manifestó acompañada por Aarón á guitarra mentras Nahuel presentaba uns cartéis alusivos a esta celebración.


Logo, os alumnos de Infantil representaron un conto inventado por eles mesmos. O tedes nesta ligazón
 http://infantilcarballeira.blogspot.com.es/2016/04/23-de-abril-dia-do-libro.html



A continuación Fernando, de 3º de primaria, leunos un conto con pictogramas, moi divertido, que podedes ver nesta ligazón do noso blogue ENFIANDO PALABRAS
http://enfiandopalabras.blogspot.com.es/2016/04/unha-historia-diferente.html




Gabriel, Nerea e Yaiza, tamén de 3º, animáronse a realizar un kamishibai con “O chacal e o ourizo”, un conto tradicional do Sahara.


Vede aquí a historia.



Os gañadores do Certame Literario “Alimentación saudable” leron as súas producións e recibiron un agasallo e un diploma pola súa participación.



E, para rematar, todos os nenos do cole recibiron un marcapáxinas conmemorativo para celebrar esta festa da literatura.
MOI FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

Podedes ver as fotos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario