20/04/16

Cervantes e don Quixote

O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro en todo
o mundo e ademais en España é o día en que se lembra especialmente ao universal Miguel de Cervantes coa entrega do premio que leva o seu nome, o Premio Cervantes, o máximo recoñecemento literario que se concede no ámbito da lingua castelá.


A obra mestra de Cervantes, "Don Quixote da Mancha", tamén é protagonista no Día Internacional do Libro. En moitos lugares faise a lectura desta obra, como por exemplo no Círculo de Belas Artes de Madrid onde, durante 48 horas, realízase a súa lectura ininterrumpida  na que participan figuras do mundo da cultura e a política xunto a cidadáns anónimos.


Nesta ligazón podedes atopar toda a información e moitas actividades superdivertidas sobre  "O enxeñoso fidalgo Don Quixote da Mancha" 


http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/tematicas/webquijote/obra_libro1.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario