20/04/16

Dálle á lingua


Un ano máis os alumnos e alumnas de Primaria do CEIP A CARBALLEIRA participamos na actividade “Dálle á lingua”. Este é un proxecto de promoción da lingua galega a través da radio que emite Onda Cero de luns a venres pola mañá, arredor das 11:50 horas, co patrocinio de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

 
O venres pasado fixemos as gravacións  que se emitirán na última semana de abril (do día 25 ao 29)  e na primeira semana de maio (do día 2 ao 6).

Xa sabedes, se queredes escoitar  as cousas interesantes que os nenos e nenas do colexio A CARBALLEIRA queren compartir con todos vós, só tedes que conectar coa emisora de radio ONDA CERO, na frecuencia 103.6 da FM, ás 11:50 h. da mañá deses días.

Posteriormente poderanse escoitar en diferido na WEB do programa: www.ondacero.es

Todas as fotos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario