03/06/16

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

O Día Mundial do Medio Ambiente celébrase o 5 de xuño, pero sabemos en realidade que se celebra? O principal obxectivo desta festividade é concienciar á sociedade da necesidade de levar a cabo un desenvolvemento sustentable para preservar o medio ambiente. Así mesmo, preténdese promover a atención e acción política respecto diso. 
E é necesario que todo o mundo poña o seu granciño de area para conseguir manter o planeta nas mellores condicións posibles, na medida do posible. Pero, como coidar o medio ambiente? Para que poidas contribuír ti tamén, nesta ligazón podes atopar algúns consellos.

 http://www.natura-medioambiental.com/25-consejos-para-cuidar-el-medio-ambiente/
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario