27/06/16

Ata setembro!!!

Como todos os anos celebramos a festa de fin de curso coas respectivas merendas, bailes e entrega de orlas aos alumnos que acaban etapa educativa. 
Este ano tivemos un fin de curso especial xa que os alumnos de 1º e 2º de E.S.O. do Instituto Mestre Landín de Marín viñeron representar un teatriño de monicreques baseado no libro "As peripecias de Estravaganzza Pérez", a obra de Ledicia Costas para o Salón do Libro de Pontevedra.

 
Logo houbo a actuacion dos nenos e nenas da actividade de baile moderno.


Tamén entregáronse diplomas aos "devoradores de libros" deste  curso.


E, por último a entrega de orlas, cunha mención especial aos alumnos que terminan a súa estancia no colexio e pasan á Educación Secundaria e as profes que o vindeiro curso xa non estarán con nós: Cristina, Leticia e Julia.


Bo verán a todos. Vémonos en setembro!!!
Un saúdo, 

O berberecho Checho

Ningún comentario:

Publicar un comentario