11/06/16

Saída á Zona Intermareal de Placeres

O luns, nós os alumn@s de 5º e 6º de primaria fixemos unha saída á zona intermareal de Praceres.



Primeiro o instructor, David, e o seu compañeiro nos deron uns cadernos de campo para recoller anotacións.
Saímos do cole e fomos andando ata a praia de Placeres e alí, nas rochas, observamos algunhas mostras da súa fauna.



David ía explicándonos qué familias de animais mariños hai, entre os que destacan os crustáceos e os moluscos. Vimos cangrexos, miñocas, crías de camarón... e algunhas especies disecadas.



Logo fixemos un pequeno descanso para merendar no parque.
Despois voltamos á praia onde nos esperaba Mª Carmen, unha mariscadora, que nos explicou cómo se faena e cómo se clasifican as capturas.


Tivemos tamén ocasión de vestirnos coa roupa de faenae probar algúns dos seus aparellos.


Ao voltar ao cole, aínda tivemos un cachiño de tempo para repasar o aprendido. Que foi moito! 
Sara Moledo, 5º.

Podedes ver máis fotos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario