13/03/24

21 de Marzo: Día Mundial da Poesía e Día Internacional dos Bosques

No cole estamos a traballar na conmemoración das dúas efemérides  creando o noso propio...

BOSQUE DOS POEMAS!!

Pero mentres traballamos nel, deixámosvos algunha información sobre estas datas.

 

Cúmprense 12 anos dende que a Asemblea Xeral da ONU declarou o 21 de marzo como o Día Internacional dos Bosques. 

Por que celebrar este día? Dámosche 7 razóns, pero seguro que hai moitas máis

 

Este ano celébrase co lema "Bosques e innovación: Novas solucións para un mundo mellor"

 

Tamén se celebra o Día Mundial da Poesía. Búscase promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral, restablecer o diálogo entre a poesía e outras manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música ou a pintura.  

Deixámosvos un vídeo realizado por Poética 2.0 con poemas do seu fondo audiovisual para o 25 aniversario do Instituto Cervantes, proxectado por primeira vez na súa sede de Madrid no Día Mundial da Poesía de 2016, pero que acae moi ben este ano, porque tamén se celebra o vixésimo quinto Día Mundial da Poesía 

 

 

11/03/24

8 de Marzo, Día Internacional da Muller: Traballamos coa prensa

A Semana da Prensa incluída no calendario escolar oficial remataba o día 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, así que...

Que mellor maneira de abordar ese día que a través do traballo diario coa prensa?

Así o fixemos, analizando novas, titulares, seccións, imaxes,... da prensa escrita, tentando descubrir se reflicte de forma igualitaria a presenza de homes e mulleres nas noticias publicadas. Fixemos algún que outro descubrimento que confirma que aínda hai moito que traballar pola igualdade.


 

O alumnado de EI traballou a unha pioneira da aviación, Amelia Earhart, que leva de viaxe no seu avión a outras moitas pioneiras




Ademais contamos coa presenza de "Polo Correo do Vento" para que o alumnado de EI e 1º coñecera mellor a Ernestina Otero, a través da música, o debuxo,... 

e cunha magnífica coreografía creada polo alumnado de 4º!


 

27/02/24

X edición Certame de Relato Curto da FANPA

 Gústache escribir? Queres ver o que escribes publicado? 

Presentámosche unha posibilidade para facer ese soño realidade. Participa, podes gañar algún premio e gozar da publicación do teu relato. 

Clica na imaxe para obter máis información



26/02/24

Obradoiro de "Educación para a saúde": Habilidades sociais, resolución de conflitos, educación emocional e TIC

O alumnado de 5º e 6º traballou os luns 19 e 26 de febreiro, coa axuda de Leticia e Alba na mellora das súas habilidades sociais dentro dos obradoiros ofrecidos polo Concello de Pontevedra. Tratáronse temas como a comunicación, a asertividade, as emocións e a súa xestión,... a través de distintas actividades e xogos.


 



23/02/24

23 de Febreiro: Día de Rosalía e día do "RAPsalía"

 


Celebramos o día de Rosalía no cole con moitas actividades feitas nas aulas durante esta semana.


Ademais de traballar, como vedes, con outros poemas, o cole enteiro traballou cun titulado "Cantarche, hei, Galicia" da obra "Cantares gallegos", dándolle un aire máis contemporáneo. Aquí podedes ver o resultado do noso traballo !




22/02/24

Feira do libro usado: TROCALIBROS

 


Dálle unha segunda vida aos teus libros usados!!!!


 

O 10 de marzo, coincidindo co Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. celebrarase a Feira de Libros Usados “Trocalibros”no Pazo da Cultura.


CAL É O OBXECTIVO?

Proporcionar á comunidade educativa -alumnado, profesorado, familias, persoal docente,...- a oportunidade de intercambiar aqueles libros que, polas razóns que sexan, xa non son utilizados polos seus donos/as.


COMO PODO PARTICIPAR?

Aportando todo tipo de libros e para todas as idades: de ficción, manuais, cómics, etc. A única condición é que estean no mellor estado posible para que quen o reciba poida aproveitalo.

Por cada libro entregarase un vale: cantos máis libros entregados, máis vales.


ONDE ENTREGO OS LIBROS?

No cole. Recolleremos libros ata o día 8 de marzo, e dámosche os vales, que terás que gardar ata o día da feira


CANDO PODO CAMBIAR OS MEUS VALES?

O 10 de marzo de 11:00 a 14:00 h


ONDE?

No Pazo de Cultura de Pontevedra, en calquera dos postos dos diferentes coles e ANPAS

 


UN LIBRO TEN MÁIS VIDAS DAS QUE CRES!!!!!



17/02/24

Cada vez sabemos máis cousas dos países cos que temos vínculos

O traballo sobre os distintos países cos que temos vínculos non para. O alumnado segue a descubrir cousas novas sobre eles, como demostran as seguintes imaxes, nas que se ve o traballo de 3º, de 6º ou como os de 1º comparten o seu coñecemento co resto do cole. 

Seguide así, chicos e chicas, e non vos esquezades de compartir cos demais o que aprendades.




Temos máis información sobre Checho



Grazas ao alumnado de 2º, que está a facer un gran traballo de investigación, Chiña sabe algo máis sobre o paradoiro de Checho. Mirade o vídeo, porque aínda quedan preguntas por responder

 

Visita do ilustrador Pablo Prado

O xoves 8 de febreiro o alumnado de 2º, 3º e 4º de EP gozou dun encontro co ilustrador e autor de banda deseñada Pablo Prado, grazas á nosa participación no proxecto Faro da escola. 

Pablo, xunto co guionista Miguel Rojo, é o autor de "Nerea e o príncipe da sorte", cómic infantil gañador do premio Xerais de BD do 2021. No 2023 publican "Nerea e a invasión dos trastos", libro que antes da visita de Pablo leron os nenos e nenas. 

Explicounos como elaborar un cómic e como a partir de figuras xeométricas básicas (triángulos, círculos...) podemos crear diferentes personaxes.

E ao rematar,  asinounos o libro da biblioteca e ademais nos fixo unha dedicatoria  cun debuxo a cada un. Encantounos!!!



01/02/24

30 de xaneiro: Día da Paz

Que fai na biblioteca un libro de papiroflexia para construír avións mesturado con outros que falan de Paz?


A resposta é moi simple. Como este curso precisamos medios de transporte para "viaxar" aos países cos que estamos vinculados, aproveitámolos tamén para que sexan mensaxeiros da Paz

E construímos os nosos propios "helicópteros" con mensaxes e estratexias para conseguila


No instagram do cole podedes ver un pequeno vídeo da actividade final
 

30/01/24

COMIC PEACE

 Hoxe é o Día Escolar da non violencia e a Paz.  Dende o CEIP A Carballeira editamos a nosa primeira tirada de Comic Peace. Os artistas convidados son o alumando de 3º e 4º de Primaria que fixeron a través da súa arte un cómic que defende os valores da tolerancia, a empatía e a non violencia. Repartimos un exemplar por aula e outro queda na biblioteca do Checho para disfrutar del tanto na casa como no centro.




29/01/24

Avanzamos no coñecemento de países

Á espera de resolver as dúbidas de Chiña sobre onde anda Checho, os nenos e nenas do cole seguen a traballar e investigar sobre os países cos que teñen vínculos, non vaia ser que Checho nos apareza noutra parte e non saibamos tampouco onde está. Para mostra, aquí tedes aos de 1º e aos de 5º ou 6º.

Que países estarán a traballar eles e elas?



 

18/01/24

As viaxes de Checho: Onde está agora?

Xa levabamos un tempo sen saber nada de Checho, tanto que ata Chiña pensaba que se esquecera dela. 

Pero por fin se puxo en contacto e envioulle unha novas fotos das súas viaxes, aínda que sen mensaxes, co cal Chiña nin sabe por onde anda, nin sabe quen son as persoas que están con el. 

Mirádeas a ver se sabedes quen son e onde están. Se o sabedes contádello a Chiña, porque está algo preocupada polo seu pai.

 





16/12/23

Novembro, mes da ciencia en galego: Moitos científicos e científicas na Carballeira Parte II

 


Seguimos publicando experiencias científicas do alumnado realizadas no mes de novembro. 

Non é preciso ser maior para experimentar. A proba disto é o alumnado de 3 anos, que xa comeza a dar os seus primeiros pasos coa ciencia.


 

Continuamos experimentando. Agora adiviñade quen esta detrás deste suadoiro amosándonos unha das propiedades curiosas da luz: a refracción

 

Adriana e María amosáronnos algo de "maxia" coa súa ilusión óptica


 

E para rematar imos amosarvos a Matías e a Isa, que se ben é certo que se esqueceron de que era o mes da ciencia "en galego", si saben facer ciencia.


 

Parabéns a todos os nosos científicos e científicas!!!

 

02/12/23

Novembro, mes da ciencia en galego: Moitos científicos e científicas na Carballeira Parte I


Acabado o mes de novembro, xa podemos amosarvos o traballo dos nosos científicos e científicas. 

Como poderedes comprobar a participación é moi variada, tanto polas idades dos participantes como polo contido dos seus traballos. 

Queremos agradecer a participación das familias en varios dos traballos. Sen vós esta entrada do blog non sería posible.

Comezamos coa primeira entrega, na que vos amosamos seis experiencias.

O alumnado de 6º e a súa torre de líquidos


Seguimos con José García e a súa experiencia cos sons


E coa da súa compañeira Manuela e unhas pasas moi alegres


 
E que me decides do zume de menta de Pablo, relacionado co lema deste ano "Saúde para todos/as"?

 

Ou dos"feiticeiros e feiticeiras" de 5 anos, que logran coller unha moeda sen mollar os dedos


Pero aínda hai máis. O alumnado de 5º tratou de explicarlles cientificamente aos nenos e nenas de 5 anos unha dúbida que tiñan

Publicaremos en breve outras experiencias.

Estade atentos/as.

24/11/23

25 N: Racha cos esteriotipos

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o alumnado do cole estivo traballando cos estereotipos de xénero, que semellan resoltos pero non é así; aínda están presentes nas nosas vidas.

Entre estes traballos temos os vídeos feitos polo alumnado de 5º e 6º, que creou a idea, a storyboard, e exerceu de elenco artístico. O seu traballo foi marabilloso, así que se vedes algún fallo no vídeo non se debe a eles e elas.

Deixámosvos o resultado da gravación de 5º


E aquí  a curta de 6º!



Tamén o alumnado máis pequeno, o de 1º ten o seu traballo en vídeo. Aquí volo deixamos



20/11/23

Novembro: Mes da ciencia en galego... Tamén en familia


Recordámosvos que podedes participar en familia con nós na celebración do Mes da Ciencia en Galego, de varias formas. 

Toda a información a tedes na entrada publicada anteriormente coa que podedes enlazar dende aquí:

http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2023/11/4-opcions-para-o-mes-da-ciencia-en.html

 

Na rede podedes atopar centos de experimentos para facer cos/coas vosos/as fillos/as.

Pero tamén podedes coller en préstamo algún dos libros da biblioteca

 

Deixámosvos uns enlaces sobre as dúas persoas homenaxeadas este ano: Alexander Fleming e Domingo García Sabell onde tedes información por se queredes facer a tira cómica sobre eles.

 

Alexander Fleming

en galego https://www.prensaescuela.es/gl/o-azar-levou-en-1928-ao-medico-britanico-alexander-fleming-a-descubrir-a-penicilina/

en galegohttps://www.nosdiario.gal/opinion/iria-veiga/fleming/20200805115258102657.html

en castelán: vídeo https://www.youtube.com/watch?v=3L40vUClfjU&ab_channel=UBUinvestiga

en castelánhttps://www.bbvaopenmind.com/ciencia/investigacion/en-busca-de-la-penicilina/

en castelán https://historia.nationalgeographic.com.es/a/alexander-fleming-padre-penicilina_14562


Domingo García Sabell

en galego https://www.cultura.gal/gl/nova/61008/homenaje-a-domingo-garcia-sabell-tributado-por-la-hermandad-de-la-sanidad-gallega

en galego e castelán: http://galegos.galiciadigital.com/gl/domingo-garcia-sabell

en castelán https://www.elcorreogallego.es/santiago/domingo-garcia-sabell-medico-AE10274703 

 

ESTAMOS ESPERANDO ANSIOSAMENTE AS VOSAS PROPOSTAS!!!

19/11/23

MAGOSTO 2023

 Por fin chegou o bo tempo e puidemos celebrar o Magosto! Unha festa moi especial para nós.

Aquí tendes un pequeno resumo deste gran día! Enchemos a castañas grazas a Valentín e o alumnado de 5º e 6º preparou diferentes xogos tradicionais que tiveron moito éxito.

Mirade que ben o pasamos!




VALENTÍN O CASTAÑEIRO

O venres 17 de novembro celebramos no cole o Magosto con moitas ganas!!!!

A esta gran festa acudiu a un convidado moi especial: Valentín, o castañeiro. Tivemos a oportunidade de facerlle unha entrevista e afondar na súa profesión. Podedes ver a entrevista completa aquí.



Comeza a apertura da biblioteca polas tardes



Acaba de aparecer unha nova de última hora publicada na prensa do cole: 

A biblioteca do Checho comeza a abrir polas tardes, todos os martes de 16:30 a 17:30.

Animádevos a vir!!!




09/11/23

Plan Director: Próxima charla para familias

Martes 14 de novembro ás 17:00 h, charla para as familias a cargo da Policiía Nacional. Falarase de temas do voso interese: Internet, Acoso, Ciberseguridade,...

Animádevos a vir!!!


 



As viaxes de Checho: México

Por fin sabemos onde está Checho!!! 

O alumnado de 6º de EI veu hoxe a entregarnos o resultado da súa investigación


Como podedes ver, acaban de quitarlle un peso de enriba á responsable da biblio, que xa non sabía que facer.

Checho sigue a súa viaxe por México. Seica que o pasou fenomenal no Dia dos Mortos e que lle está encantando o país. A que non sabedes con quen se topou? Como nos din os nenos e nenas de 5 anos, está con Uxía e celebrou con ela o Día dos Mortos.

Deixámosvos as últimas fotos que enviou. Recoñecedes a alguén?




 

Tamén está a aproveitar para para facer turismo polo país. Que será o que está a visitar na seguinte foto?



Compostaxe: Xornada de formación para familias

 O 8 de novembro, Antón, de Revitaliza  veu ao cole para darnos unha charla sobre compostaxe. Aprendemos sobre o tratamento de residuos, a importancia de Reducir e Reutilizar e aclarounos dúbidas sobre a compostaxe.
Sabiades que o 40% de residuos son materia orgánica? Non paga a pena facer ese pequeno esforzo?
Animamos a toda a  comunidade educativa a compostar. Se non tedes onde instalar un composteiro podedes achegar os restos orgánicos aos composteiros comunitarios.
Moitas grazas a Antón e a Revitaliza!



 
Por outra banda, parabéns rapazas e rapaces! Na revisión do composteiro sacamos un 10! 

Temos unha temperatura de 50°



08/11/23

4 opcións para o Mes da Ciencia en Galego

O 10 de novembro foi declarado pola Unesco como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. 

Dende hai 12 anos en Galicia celébrase neste mes o Mes da Ciencia en Galego, centrado este ano  na saúde e  nas figuras de Alexander FlemingDomingo García Sabell.

 

A biblioteca do Checho proponvos participar nesta celebración. Como?

OPCIÓN 1: Realizade un pequeno vídeo (máximo 3 minutos) dun experimento científico explicándoo en galego. Podedes facelo de xeito individual ou en grupo

OPCIÓN 2: Realizade unha tira cómica, por suposto tamén en galego, na que expliquedes quen son e que fixeron  Alexander Fleming ou Domingo García Sabell. 

OPCIÓN 3: Investigade sobre algunha persoa científica do país ou países cos que a vosa clase ten algún vínculo e presentade a vosa investigación no formato que máis vos guste: traballo escrito, lapbook, vídeo, podcast, función de títeres, teatro, canción...

OPCIÓN 4: Ciencia en familia: Escollede calquera das opcións anteriores e levádea a cabo entre varios membros da familia (fillos/as con irmáns/irmás ou con pais/nais ou con avós/avoas,...)

Falade co/coa voso/a profe para facelo e/ou entregalo

Haberá algún pequeno premio para os/as participantes 

ÁNIMO!!!

TEDES ATA O 30 DE NOVEMBRO PARA PRESENTALOS!!!

Haberá


07/11/23

Recreos Residuo Cero: Bravo polo alumnado de 5º!!

Seguimos facendo todos/as, nenos e nenas e familias un gran traballo para conseguir chegar ao residuo cero no cole. Todos e todas estades esforzándovos para conseguilo e a proba témola aquí.

O grupo de 5º curso acaba de cumprir UN MES ENTEIRO e continuado con residuo cero nas súas merendas 


PARABÉNS RAPAZADA!!! SEGUIDE ASÍ!!! 

Sodes un gran exemplo para todos/as nós