Lois Pereiro vai ser o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011. Aínda que non publicou moitas obras, foi un importante poeta da nosa literatura. Se queres saber algo máis da súa vida e obra, preme na foto.
E aquí tes un dos seus poemas:
Luz e sombras de amor resucitado (1995)
Vendo eses dous ollos latexantes
cal visión dunha imaxe entresoñada,
no seu peito en perfecta simetría
cun interno tremor que me fascina,
desexaría entrar nela e refuxiarme
no seu corpo secreto para sempre,
protexido da morte
coa súa vida;
féndeme o corpo un húmido arrepío
e bícame as vértebras con furia
nun vértigo de dor e de tenrura.
cal visión dunha imaxe entresoñada,
no seu peito en perfecta simetría
cun interno tremor que me fascina,
desexaría entrar nela e refuxiarme
no seu corpo secreto para sempre,
protexido da morte
coa súa vida;
féndeme o corpo un húmido arrepío
e bícame as vértebras con furia
nun vértigo de dor e de tenrura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario