21/10/10

POEMAS DE OUTONO


Aquí tendes un pequeno traballo do ENDL, pero xa sabedes que podedes ler  "O Libro do Outono" que fixemos entre todos e todas na nosa biblioteca.Preme no recadro de abaixo, á esquerda para poñer en pantalla completa.

O outono




sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo
   amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
 cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
      folliñas
que veñen e van.
      Folliñas
lixeiras e secas
               fatigadas
                 de troular.
                            
Folliñas
      que bailan
         co vento
   todas collidos
        da man.
                         
                   Antonio García Teijeiro


Outono
ten sono,
non pode durmir.

Ponlle unha mantiña
que se queda axiña
sereno e feliz.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario