23/02/11

ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885)

Mañá celébrase o Día de Rosalía de Castro e queremos celebralo con este pequeno agasallo.Se queres saber algo máis sobre esta gran escritora e poeta, preme na imaxe.

ImageChef Word Mosaic - ImageChef.com









Nesta  páxina tamén poderedes ver cousas moi interesantes:

http://www.rosaliadecastro.org

Aquí tendes un dos seus coñecidos poemas:

Adeus, ríos; adeus, fontes;
adeus, regatos pequenos;
adeus, vista dos meus ollos;
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra onde me eu criei,
hortiñas que quero tanto,
figueiriñas que plantei,
prados, ríos, arboredas,
piñeirais que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño das castiñeiras
,
noites claras de luar,
campaíñas timbradoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que lle daba ó amor meu,
camiñiños entre o millo,
 adeus, para sempre adeus!
Adeus, gloria!Adeus, contento! 
Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que coñezo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
Quen puidera non deixar!
                                                         
                             Rosalía de Castro (Cantares galegos)

Ningún comentario:

Publicar un comentario