29/03/11

LENDAS DOURADAS

Roi Casal é un xovencísimo músico e compositor. Lendas Douradas é o título dun dos seus traballos baseado nun poema de Curros Enríquez, onde lle dedicaba a Rosalía estas fermosas palabras:
"O valor, o carácter, as ideas, falas, costumes... son lendas douradas."

Se queres escoitar "Ninfas das frescas augas":


Velaquí o último traballo deste músico: "Maxicamente Vello", onde lle pon voz a un poema de Manuel María que di así:

O idioma é o amor
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer
precisamos a lingua
se queremos vencer...

QUE FERMOSO CANTO Á LINGUA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario