18/03/11

SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL

Hoxe, no 5º nivel, rematamos a lectura dun libro moi... triste, pero  verdadeiramente emocionante porque está baseado nunha historia real. Titúlase "Sadako y las mil grullas de papel" e trata dunha nena xaponesa que  enferma de leucemia debido á irradiación producida pola bomba que caeu na cidade onde vivía (Hiroshima), cando tiña dous anos.

En Xapón existe a lenda de que ao realizar mil grúas de papel concédese un desexo á persoa que as realizou; por isto, Sadako, internada no hospital, dedicouse con gran entusiasmo a realizar, unha tras outra, grúas de papel. Segundo a tradición xaponesa, se alcanzaba a crear mil, cumpriríase o seu desexo e melloraría da súa enfermidade.
Morreu en outubro de 1955, despois de ter feitas 644 grullas de papel. Aínda que os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grullas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro, e construíron no Parque da Paz de Hiroshima un monumento a Sadako e as súas grúas.

Quizais, se fixésemos mil grúas de papel, Xapón podería saír do desastre no que actualmente se atopa por mor do terremoto e o tsunami, esperamos e desexamos  que pronto mellore a situación deste país.



Se queres facer unha grúa de papel preme aquí na foto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario