16/05/11

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2001

O venres celebramos esta data tan importante para a nosa lingua e a nosa cultura. Aquí tendes os vídeos que realizou o Equipo de Dinamización Lingüística e que puidemos ver ese día: o primeiro é a presentación sobre a vida e a obra de Lois Pereiro e no segundo podedes volver ler e cantar un dos seus poemas titulado "Aburrido", con música de Manu Clavijo.

Por certo, non podemos deixar de comentar (mirade máis abaixo) que ben representaron os seus papeis Sara e Victoriano en "Parolando sobre Lois Pereiro"; ademais, algo aprendimos sobre este poeta e escritor, mesmo Victoriano, non si? Tamén puidemos escoitar os poemas de Lois Pereiro recitados por Cristina e Yolanda.




PRESENTACIÓN DO POEMA DE LOIS PEREIRO TITULADO "ABURRIDO" (SE PON QUE NON ESTÁ DISPONIBLE PREME EN "YOUTUBE" NO VÍDEO ANTERIOR).


Recital poético ( Se queres ler algúns dos seus poemas preme aquí).
Sara e Victoriano interpretando "Parolando sobre Lois Pereiro".


Se queres ler o texto, preme aquí.


Ao final, como colofón, escoitamos e vimos o vídeo "Maxicamente Vello" de Roi Casal ( xa sabedes que tendes unha entrada titulada "Lendas Douradas", onde aparecen os dous  vídeos). Recordade que a letra desta canción é de Manuel María e di algo verdadeiramente fermoso da nosa lingua:

O idioma é o amor,

o latexo, a verdade,

a fonte da que agroma

a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma

é ser mudo e morrer,

precisamos a lingua

se queremos vencer...

QUE FERMOSO CANTO Á LINGUA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario