31/01/12

EN BUSCA DO TESOURO DA PAZ

Que ben o pasamos buscando este tesouro tan especial, un tesouro que nos chegou directamente ao corazón.Custou un pouquiño atopalo, sobre todo a algúns niveis, pero valeu a pena, verdade?
Aquí podedes ver as fotos da busca dos nenos e nenas de 3º e 4º.





Unha vez atopado, todos escribistes uns fermosísimos desexos, que metestes no cofre dos desexos, para construír un mundo en paz. Aquí tendes as fotos da súa lectura. Que ben quedaron no mural do arco da vella!!


Pero tamén houbo tempo para bailar e cantar unha canción ben fermosa:"Somos unha marea de xente" de Macaco. E para rematar, enviamos máis alá da estratosfera todo o negativo que quedou nos globos da biblioteca, despois da busca do tesouro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario