24/02/13

Entroido prehistórico.


Este ano foi un entroido moi especial. Co motivo do noso PDI decidimos facer unha festa prehistórica.

 Non faltou nadiña. Pinturas rupestres polas paredes do ximnasio, os Picapedra danzando, todos os nenos vestidos de cromañóns e bailando o ritmo da canción "croniñón es un niño cromañón,  deja su huella que le llevarán, donde está el mamut, él lo dibuja y lo quiere cazar, si le acompañas tú".

Despois seguimos a xa tradicional chocolatada con postres típicos destas datas. Unha vez que cargamos as pilas fixemos xogos moi divertidos. 



No medio da mañá visitounos a TVG para gravar o programa "a revista da tarde" pero esto merecede outra entrada. Disfrutade do entroido!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario