22/02/13

Na procura do petroglifo

Estamos todos emocionadísimos co noso PDI as pegadas do pasado. 
Hoxe os rapaces levaron unha gran sorpresa ó chegar ó cole. Un mamut dáballes a benvida, e ó final do corredor unha cova con dous prehistóricos e pegadas por todo o chan. Tratábase dunha búsqueda dun gran tesouro. 


A partir dunha proxección na aula de informática e seguindo as pistas chegamos á biblioteca onde investigamos sobre o significado de petroglifo, costumes dos nosos antepasados, etc.  

Continuamos coas pegadas que deixaron ata os nosos días. 
Velaquí a sorpresa do día! Despois de moito investigar deberíades ver as caras de moitos nenos cando caeron na conta que fai moitísimos anos, homes prehistóricos estiveron no mesmo lugar onde hoxe temos o noso centro xa que contamos cun petroglifo nas nosas instalacións!!


Os mais cativos non tardaron nada en debuxarse coma "cromañóns" ó lado do mamut. 


PREME AQUÍ para ver as fotos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario