19/03/13

Aforrando enerxía



Os rapaces do noso cole están moi concienciados de que debemos aforrar enerxía.

Este ano estamos coñecendo as diferentes enerxías renovables e non renovables.

A semana pasada tivemos un taller de granxa enerxía, promovido por Endesa Educa.  

Fixemos unha serie de experimentos e unha das cousas que máis nos sorprendeu foi cómo co movemento das pernas ó pedalear unha bici podemos converter en enerxía eléctrica. 


Tamén descubrimos cómo quentar a comida cun día de sol empregando unha cociña solar. 

Sen dúbida que podemos aproveitar a fonte inesgotable de enerxía renovables.

Ningún comentario:

Publicar un comentario