08/04/13

Aforrando enerxía.



Fran que é un neno de 2º de primaria que está convencido de que o aforro enerxético é unha asignatura pendente que temos, por iso converteuse nun inspector da enerxía durante os recreos.


Coa súa libreta en man vai por tódalas instalacións do noso cole comprobando que estamos levando a cabo diferentes medidas de aforro.


Hoxe imos facerlle unha pequena entrevista.

-         Bos días Fran

Bos días.

-       Por qué cres que é importante aforrar enerxía?

Porque penso que así haberá enerxía para todos os humanos do planeta. Podemos intentar aforrar.

-    Cal é a medida de aforro que estades levando a cabo no recreo?

Pois estou indo polo cole adiante, pola biblioteca, despachos, clases e ximnasio e vou mirando se as luces están acesas ou apagadas.

Se están acesas poño mal e se están apagadas poño ben. Vai conmigo sempre un axudante que é algún dos meus compañeiros. Eu prefiro que sexan nenas porque así poden ver os baños, non vou a entrar eu no baño das nenas. 


-      Cumpren as alternativas de aforro os teus compañeiros?

Non. Unha vez fun a clase de terceiro e os nenos non sabían o que estaba facendo.

Casi non me deixaban entrar e tiven que explicarlles que son un investigador da enerxía que soamente ía observar se estaban aforrando xa que estaban a punto de saír o recreo e deixaban todo aceso.


-         Queres darlle algún consello ós teus compañeiros sobre o aforro enerxético?

Si. Quero contarlles que é mellor a luz solar para os ollos e ademáis así non gastamos. Ademais que é moi importante utilizar as placas solares.

Cando acendemos a calefacción temos que pechar as ventas. Non temos que quentar o aire do patio senón as aulas. 


-      Recoméndanos algún libro para investigar sobre o tema?

Si. A min gústame moito o dos bolechas queren saber como aforrar enerxía e a enciclopedia que temos da enerxía na nosa biblioteca.


-         Na túa casa tamén levas a cabo isto?

Non. Porque imaxino que os meus pais xa saben aforrar. 


Moitas gracias Fran pola tua labor. Seguiremos poñéndonos as pilas e aplicando medidas de aforro para coidar o noso planeta. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario