07/05/13

Gela se ha vuelto vampira. Fina Casalderrey

Os nenos e as nenas de 3º de primaria, lemos o libro “Gela se ha vuelto vampira” da autora Fina Casalderrey e gustounos moito. 


Cando comezamos pareceunos unha historia moi simpática. A medida que seguimos a ler, fómonos dando conta de que era unha historia moi común, por desgracia  é moi tráxica.


O libro falaba de cómo cambiou  o carácter do home dunha profe dende que era o seu noivo, ata que se converteu no seu marido. Falaba do maltrato ás mulleres. 


Cada vez que rematábamos un anaco de lectura, falabamos do que viñamos de ler e tentábamos comprender porqué se producen este tipo de conductas. 


Fixemos un resume e elaboramos un mural para amosarllo a Fina cando  nos veu visitar ó cole. 


Agardamos que vos guste.   Alumnos/as de 3ºde primaria. 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario