21/06/13

Taller de educación vial

Durante o curso, o alumnado do 3º ciclo, desenvolveu un taller de Educación Vial promovido pola Policía Local de Pontevedra.

Primeiro, asistiron a unhas charlas nas que se lles explicaba como actuar sendo conductor ou peón. Logo,  puxeron en práctica o aprendido, no circuito que o Concello ten habilitado para este fin, e demostraron tanto nas bicis coma nos karts que son auténticos expertos. Tamén participaron nun concurso de cartas dirixidas aos pais, nas que lles recordaban os seus erros ou lle agradecían o seu ben facer.

Pois ben, o traballo realizado tivo a súa recompensa: Hugo, compañeiro de 6º, foi premiado. Alá foron todos para acompañalo!!!


Pasáronno xenial na gala....e ademais gozaron dunha ruta turística pola cidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario