29/10/13

Día das Bibliotecas Escolares.


A pasada semana, celebramos con entusiasmo o día das bibliotecas escolares.
O encontro que tivemos na Biblioteca do Checho estivo cheo de sorpresas.









Tamén inauguramos as nosas bibliotecas de aula, as que decidimos poñerlles nome propio. 
Así 4º e 5º de infantil será "O Recanto dos Piratas". Elixiron este nome porque lles gusta moito os piratas. Todo comezou con Mateo un neno de tres anos que ten dous mandilóns con debuxos de piratas e a partir de ahí sempre están falando dos piratas. Os nenos queren aprender como vivían, onde viaxaban, qué facían, etc. e descubrir moitos segredos e historias dos piratas. 
Os nenos de 6º de infantil puxeron como nome a súa biblioteca de aula "O Recanto das Fadas e os Trasnos". A estes nenos gústalle moito os contos. A súa biblioteca de aula é un lugar máxico cheo de soños e ilusión, onde atopamos historias marabillosas, onde imaximanos que somos eses personaxes fantásticos: princesas encantadas, príncipes valentes, animais aventureiros, trasnos argalleiros, fadas máxicas ... De ahí o seu nome. 


A aula de 1º de primaria acordaron poñerlle a súa biblioteca de aula "O Recanto do Moucho".




Os nenos e nenas de 2º de primaria decidiron que o rincón da sua biblioteca de aula, se chamase "O Recanto do Bufo" na honra do bufo que construíron con elementos da natureza en outono o curso pasado. Está cheo de libros que tanto poden ler no cole como levar para casa.




"O Recanto de Nunca Xamais" é a biblioteca de aula dos nenos de 3º e 4º de primaria. É un lugar máxico onde se poden vivir mil aventuras. É o fogar de Peter Pan e Campanilla, pera tamén do capitán Garfio. O seu lema é que en Nunca Xamais o tempo non pasa, sempre se é xoven.


Os alumnos/as de 5º e 6º de primaria escolleron o nome "O Recanto de I+D+I". Estas siglas, no ámbito social refírense á investigación, desenvolvemento e innovación e eles adaptáronnas para definir este espazo como o recanto da Imaxinación, a Diversión e a Información.


A biblioteca de aula de Relixión Católica chámase "O Recanto dos auténticos Superheroes" donde está cheo de libros que lles axudan a ter un traxe diferente (poñerse na pel dos demais) unha visión especial (buscar solucións ós problemas) e unha morea de libros para traballar valores.


Na biblioteca de aula de Pedagoxía Terapéutica atopámonos co "Recanto da Chirla". Ésta é a prima do berberecho Checho (mascota da nosa biblioteca). Ó contario que o Checho non lle gustaba nada ler.  Un día agasalláronna cunha fabulosa historia de aventuras. Dende aquel día Chirla caeu na conta de que ler é divertido.


Con estas fermosas historias de cada un dos recantos despedímonos por hoxe. 
Agárdovos na Biblioteca.
O berberecho Checho. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario