30/10/13

Por fin... resolvín o enigma!!!

Estes días, vendo o que andabades a argallar na escola, estiven dándolle voltas ao miolo e despois de consultar moitos libros e páxinas web, descubrín o motivo.


Morcegos, esqueletos, arañas e cabazas foron as pistas que me levaron a descubrir que estabades celebrando o Samaín. Así que eu tamén me quixen unir á festa e agora,,, vou de pantasma!!!

Esto foi o que investiguei:
O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconvertiu no Día de Todos os Santos. Durante moitos anos esqueceuse, pero grazas ao traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia, volveuse recuperar.


Os celtas celebraban o Samaín a noite do 31 de outubro. Consideraban que, esta derradeira noite do ano, as portas do outro mundo quedaban abertas e as ánimas dos defuntos e doutros espíritos, invadían o mundo dos vivos por unhas horas. As ánimas dos finados visitaban ás súas familias nas que foran as súas casas, quentábanse ao carón do lume e comían os alimentos que lles tiñan preparados.

Os druídas celtas tamén acendían grandes fogueiras e colocaban as caveiras iluminadas dos seus inimigos no máis alto dos castros para escorrentar aos espíritos malignos.

De ahí vén o costume de facer caveiras coas cabazas e pórlles unha candea acendida no seu interior.


Esta tradición conservouse ata os nosos días en toda Galicia, recibindo distintos nomes en cada lugar: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense, etc.


Se queres saber un pouquiño máis preme aquí: 


E agora a ...disfrutar da festa e a mover o esqueleto!
Agárdote na biblio. O Berberecho Checho.





Ningún comentario:

Publicar un comentario