30/11/13

O Nadal peta á porta.

O Nadal xa está á volta da esquina e mentras nos preparamos para tanta festa imos saber un pouco máis un personaxe cada vez máis coñecido.

Todas as culturas teñen un home vello e sabio que lles axuda aos nenos a pasar o inverno. Este personaxe creado polo imaxinario colectivo ten como base a preocupación, nos tempos de escaseza e frío, polo benestar dos máis pequenos. Aparte dos universalmente coñecidos Papá Noel, Santa Claus ou San Nicolás, en diversas zonas de España están o Olentzero (País Vasco), o Tió de Nadal (Cataluña) ou o Esteru (Cantabria).

E ti... Sabes cal é a personaxe da cultura galega? O Apalpador, que durante os anos de esquecemento sobreviviu nos montes do Courel e o Cebreiro e agora volve facernos compaña.


Preme nos enlaces para saber máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario