21/01/14

Lembrando o festival do Nadal



Comezamos o 2014 lembrando o festival do Nadal. Coma sempre tivemos unhas actuacións espectaculares: acrosport, bailes, e ata unha cantiga signada pola linguaxe de signos española (LSE). A verdade é que todos os nenos e nenas o fixeron fenomenal.
https://skydrive.live.com/?mkt=es-ES#cid=DC638383354D1F9E&id=DC638383354D1F9E!1457


Destacamos tamén a actuación dos alumnos de educación infantil que nos sorprenderon cunha escultura do apalpador no escenario acompañada da cantiga do apalpador de Malvela.


Os alumnos do primeiro ciclo este ano decidiron recitar un conto fermosísimo que temos na nosa biblioteca de Xosé M. González e ilustrado polo coñecido Helle Thomasse titulado “Once damas atrevidas”.  Para rematar cantaron unha panxoliña ambientada no marabilloso mundo dos contos. 


Qué mellor xeito de rematar o ano?

Parabéns a estes pequenos artistas! 
Todas as fotos do festival AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario