17/03/14

Novos rostros nos Devoradores de Libros


Xa temos novos rostros nos “devoradores de libros”. Esta vez houbo un empate de libros lidos no mes de febreiro entre Ariadna de 1º de primaria e India alumna de 3º de primaria; por iso decidimos facerlle unha entrevista ás dúas xuntas.

Por qué che gusta ler?
Ariadna: Porque nos libros atopo moitas historias. Ademais na biblioteca temos libros moi bonitos e aprendo moito.
India: Porque cando leo un libro aprendo moitas cousas e iso gústame.
  
Qué tipos de libros che gusta coller no préstamo da Biblioteca?
Ariadna: Os contos.
India: Os de Tea Stilton porque conta aventuras moi divertidas. 

Cando empezaches a interesarte pola lectura?
Ariadna: Cando coñecín un libro que se titula “Lecturas para durmir a un rei” que me gustou moito.
India: Cando aprendín a ler xa me gustaba moito devorar libros

Canto tempo lle adicas á lectura?
Ariadna: Todas as noites leo un pouco.
India: Como mínimo media hora diaria.

E na túa familia, algunha vez che len un libro?
Ariadna: Si. A miña nai cóntame contos ás veces.
India: Sí, a miña nai é a que me lee algo, aínda que me gusta ler a min sola. 

Coñeces algún autor/a?
Ariadna: A Federico Muelas, porque a súa poesía “la estrella se está bañando” gústame moito. Está no meu libro de lengua.
India: Coñezo moitos autores, pero un que me gusta moito é Fina Casalderrey que nos visitou ó cole o ano pasado. 

E xa para rematar, gústanche as actividades que se realizan na Biblioteca?
Ariadna: Si, o que máis me gusta ademáis dos libros, son os ordenadores.
India: Si. A min o que máis me gusta son os contacontos.

Moitas gracias ás dúas. Dende a Biblioteca do Checho queremos darvos a noraboa e animarvos a que sigades lendo moitísimo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario