01/04/14

PDI. Visita dun mariñeiro: Carlos.

O pasado venres disfrutamos dunha estupenda visita: Carlos o pai dunha compañeira.
Adicouse durante 15 anos a arriscada e laboriosa profesión de mariñeiro e, con gran entusiasmo e o seu benfacer, aproximounos a este mundo, non tan descoñecido para nós.
Gracias a el aprendimos a recoñecer a estrela polar para poder orientarnos; ensinounos a diferenciar a pesca do palangre da do cerco; como se desenvolve a vida dentro do barco, a coñecer cales son as normas de seguridade, como é unha nasa, etc.
Consideramos, que ao igual que Carlos, os nosos pais teñen moito que contarnos e nós, moito que aprender deles.
Dende aquí, queremos animar a todas as familias a poñelo en práctica. 
Gracias, Carlos. 




1 comentario:

  1. Moi ben papa!! Dexáchesnos a min e aos meus compañeiros coa boca aberta!!
    Aunque eu tiña un pouco de ventaxa, xa que xa sabía moitas cousas que él me había contado na casa.

    ResponderEliminar