01/05/14

Ahí ven o maio de flores cuberto.



A festa dos maios é unha tradición galega que se celebra o primeiro día do mes das flores.
Conta a tradición que é un xeito de conmemorar a chegada do bo tempo e o remate do duro inverno, propiciando deste xeito abundantes e boas colleitas.
Actualmente, celebramos con gran folclore unha festa con preciosos maios. Os maios son composicións feitas con elementos naturais como o musgo, ovos, froita e flores silvestres, cantando ó arredor delas coplas cargadas de humor crítica e certa retranca.
Este ano, no certame de Pontevedra participan diferentes alumnos a través de asociación culturais.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario