14/05/14

Mamá, papá, avoíña,...Cóntame un conto!

Seguimos contando coa colaboración das familias que enchen de aventuras  as aulas de Educación Infantil estes días.
Onte visitounos Marian, a avoa de Mateo, e sorprendeunos cun clásico que nos apasiona "Os tres porquiños". 
Coa  nai de Noa, rimos moito co conto de Mariluz a avestruz.
E con Belén, a nai de Gabriela que nos deleitou coa lectura de "Libro de contar", acabamos este ciclo de "Cóntame un conto...." protagonizado polas familias dos nosos alumnos con enorme exito.


Dende a Biblioteca do Berberecho Checho agradecemos a vosa labor, facilitando o vínculo entre a familia e a escola e  achegando ós mais cativos a un mundo cheo de imaxinación. Grazas. 
PODES VER TODAS AS FOTOS AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario