17/05/14

Presentación do Proxecto Documental Integrado (PDI)

Este curso está a piques de rematar, e con el, o noso Proxecto Documental Integrado que leva por título "Mergúllate no mar".
Dende a Biblioteca do Checho dividimos o PDI en 3 fases que se desenvolveron ao longo do curso: 
1ª Fase: Motivación. Ambientamos o centro, viaxamos a Cambados para coñecer de cerca a vida das mariscadoras, visitounos o pai dunha alumna que é mariñeiro, etc...
2ª Fase: Investigación. Moitos de vós, visitástedes a Biblioteca para buscar información en soporte escrito e dixital, sobre o tema do que queríades saber máis (aparellos de pesca, animais da nosa ría, o mar coma fonte de lecer, etc). Este ano contamos cunha exposición de libros moi interesante, todos eles relacionados co mar e a nosa Ría de Pontevedra.
3ª Fase: Exposición. Son moitas as cousas  que descubrístedes ao longo da vosa investigación e que recollestes en diferentes soportes (murais, videos, visitas guiadas, etc)  e por iso queremos que nos amosedes os vosos traballos.

Chega o momento de expoñer todo o que aprendimos, así que toma nota das seguintes datas! 

Luns 26 de maio: 
Alumnos/as de infantil : Investigaron sobre o Animais da nosa costa.
Alumnos/as do 1º Ciclo de Primaria: Contarán todo o que aprenderon dos aparellos de pesca, sistemas de localización e vida dos mariñeiros.

Venres 30 de maio:
Os alumnos do 2º ciclo de Primaria tratarán o tema da conservación e transformación dos productos da nosa Ría.
 Alumnos do 3º ciclo de Primaria rematarán a presentación do PDI falando dos diferentes recursos pesqueros que temos, do mar coma fonte de enerxía e tamén coma un lugar de lecer, de saúde, etc.

Isto pinta moi interesante!!
Vémonos na Biblioteca! Un saúdo. O Berberecho Checho.

Ningún comentario:

Publicar un comentario