Hoxe, día 20 de novembro conmemoramos o Día
Internacional dos Dereitos da Infancia.
Este ano, os rapaces do 1º e 2º curso de
primaria, participaron no concurso “Melodía da Igualdade” promocionado pola
Fundación Meniños.
Despois de ler moitos libros relacionados cos
dereitos dos nenos, así coma facer unha pequena investigación apoiándose nas
novas tecnoloxías, plasmaron todo o que aprenderon arredor deste tema nuns
debuxos preciosos.
A gañadora deste certame foi Lúa Couchot Moledo, alumna do noso cole de 1º, que recibiu onte pola tarde o premio no Teatro Principal de Pontevedra.

Ánimate a
coñecela!
Por outra banda, a Facultade de Ciencias da
Educación e Deporte de Pontevedra inaugurará hoxe o seu proxecto “la infancia
al cubo”. Un proxecto colaborativo levado a cabo na universidade, que consiste
na elaboración dunha estructura de gran tamaño en forma de cubo e que se
decorará cos debuxos sobre a infancia realizados por escolares da provincia de
Pontevedra.
Os seleccionados para esta ocasión son:
Noa Mendaña Vea. 1º
primaria.
María Vilas Fernández. 1º
primaria
Sergio Veiga Domínguez. 2º primaria
Gabriel Quintela Piñeiro.
2º primaria
Ariadna Ferreira Lamoso. 2º primaria
Con este proxecto, a universidade pretende ser a
primeira facultade de Galicia asociada a Rede de Escolas da UNESCO.
Dende aquí queremos invitar a toda a comunidade
educativa da Carballeira de Lourizán a visitar a exposición dos debuxos.
Parabéns ós gañadores!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario