09/12/14

Educación para a saúde

O alumnado do 3º ciclo recibimos hoxe a visita de Anxo Graña (GV Sport) para explicarnos detalladamente a importancia da postura corporal na nosa saúde, así como os beneficios que nos aporta tanto a actividade física como o deporte.
Gracias a Anxo, comprendemos que modificando algúns dos nosos "vicios posturais" e algún que outro hábito nocivo (abuso do coche, moitas horas diante do ordenador ou da consola, utilizar excesivamente o ascensor...), poderemos medrar máis sans e sentirnos mellor.  
Sin dúbida, unha actividade ben interesante! 
Pincha na imaxe e verás todas as fotos da sesión.


1 comentario:

  1. creo que foi unha actividade moy boa para nos sobre todo para repasar temas de coñecemento
    saudos Carmen María 6º

    ResponderEliminar