02/12/14

O noso Magosto.

O NOSO MAGOSTO 
(por Tania Otero González, 5º de primaria)https://onedrive.live.com/?cid=DC638383354D1F9E&id=DC638383354D1F9E!2898&v=3
    O día catorce de novembro, venres, fixemos no colexio o “Magosto”. A festa tivo lugar no recreo. O profe Pancho dedicouse a facer as brasas para despois asar as castañas e os chourizos. Nesta festa, a costume é asar castañas e bocadillos de chourizo. A festa consiste en realizar unha fogueira e, cando haxa brasa, botar nunha grella as castañas para asalas, e despois botar os chourizos. Para poder conseguir as castañas, contouse coa participación dos nenos e nenas, que trouxeron un puñado de castañas picadas. Unha vez asadas as castañas e os chourizos, os mestres repartiron aos nenos un cucurucho con castañas e bocadillos de chourizo. Despois de comer as castañas e os bocadillos, puxémonos a xogar. Podíamos xogar aos zancos, aos birlos, e a tirar aros para intentar introducilos nunha botella ou nuns paus. 

A verdade é que o pasamos moi ben e divertímonos moito. Foi un día divertido e diferente no colexio. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario