23/01/15

Xa estamos en marcha!!!

Como ven sendo habitual nos últimos cursos, un novo proxecto documental integrado (PDI) está a bulir no noso centro.
Este ano, a idea parte dun libro titulado "Papel en Blanco" de Josu Díaz García.
Trátase dunha aventura diferente na que o protagonista, un habitante de Mundo de Papel, non sabe moi ben qué facer coa súa vida.
Partimos como motivación, realizando todo o alumnado, dende infantil ata 6º de primaria, un taller de reciclado no que cada quen puxo todo o interese en decorar o seu papel.
Podes ver todas as fotos do taller de reciclaxe AQUÍ.



Ningún comentario:

Publicar un comentario