03/05/15

Abril, mes do libro


Chegamos a abril, mes do libro, e dende a biblio do Checho preparamos unha serie de actividades para celebralo como se merece.

Como seguro que sabedes, o día 23 de abril foi elixido como "Día Internacional do Libro", pois coincide co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespearee e o Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616.

O 15 de novembro de 1995, a UNESCO decidiu proclamar este día, Día internacional do libro e dos dereitos de autor. Quería destacar deste xeito a importancia do libro, que foi historicamente o medio de difusión máis importante do coñecemento así como unha ferramenta esencial de enriquecemento cultural.

Se queredes saber máis premede aquí:





Ningún comentario:

Publicar un comentario