Este ano o noso Proxecto Documental Integrado está dedicado á Alimentación Saudable polo que realizaremos moitas actividades ao longo do curso relaccionadas con este tema.
Xa sabedes que, igual que o curso pasado, as merendas dos mércores deben ser a base de froita e desde este mércores estamos a degustar feixoas e guaiabos fresa proporcionados pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro que temos aquí en Lourizán, no Rozo.
Nos próximos días tamén poderemos tomar noces e castañas.
Agardamos, con estas iniciativas, axudar a mellorar a alimentación dos nosos nenos.
Podedes ver máis fotos aquí


Ningún comentario:
Publicar un comentario