21/01/16

Animación á lectura: "Engulecontos"

A Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, co obxectivo de fomentar a afección á lectura entre os nenos/as máis pequenos, propúxonos o obradoiro "Engulecontos" para os nosos alumnos/as de Educación Infantil e 1º de Primaria.
Marta, a contacontos, comezou presentando a "Engulecontos", quen é e que lle gusta facer,  para pasar a ler o principio dun relato que o ten como personaxe  e que os nenos deberon continuar engadindo un novo fragmento.

Cada aula que participe nesta actividade engadirá un cachiño máis para así facer unha gran historia entre todos os centros. Esta historia estará dispoñible unha vez acabada a actividade na web do concello no servizo de educación (www.educacion.pontevedra.eu) 

 E por último fixeron o debuxo do pequeno Engulecontos tal como eles o imaxinan. Mirade que guapo quedou!

Ningún comentario:

Publicar un comentario