19/02/16

Chegou o Entroido

E este ano foi de froitas, polo tema do noso Proxecto Documental dedicado á alimentación saudable. Todos os nenos e nenas, as profes e algunhas nais disfrazáronse. 

Había mazás, fresas, piñas, plátanos, peras, sandías, laranxas… e ata recolectoras de froitas. Pasámolo moi ben e outro ano máis puidemos degustar os doces destas datas feitos polas familias e  a chocolatada realizada no colexio. Divertímonos moito,  nais incluídas,  que tamén desfilaron e disfrutaron xogando ás sillas musicais.



Queremos agradecer ás familias a súa colaboración tanto na realización dos doces de entroido como na confección dos disfraces. E salientar o inestimable traballo feito polas nais da ANPA que horas e horas, durante moitos días estiveron deseñando, cortando e mesmo vindo ás clases a axudarlles aos nenos e ás nenas a montar e rematar os traxes. Elas encargáronse dos disfraces de TODO o alumnado do centro, preocupándose  porque ningún neno quedase sen traxe.


E non soamente levaron a alegría e a cor ao colexio senón que o pasearon no desfile do Entroido de Marín, no que acadaron un meritorio 4º premio na categoría de grupos. PARABENS!!!


GRAZAS POLO VOSO ESFORZO E COMPROMISO DESINTERESADO CON ESTE CENTRO QUE É O VOSO CENTRO.

 Podedes ver máis fotos premendo aquí.



Ningún comentario:

Publicar un comentario