10/03/16

Nova visita á Panadería Acuña

Os alumnos de 2º e 3º curso fixeron unha visita á panadería ACUÑA  de Pontevedra, con motivo do PDI que se está a levar a cabo no centro sobre  A ALIMENTACIÓN.
A visita foi moi instructiva, interesante e proveitosa, xa que ollaron todos os pasos que preceden á fabricación do pan, empanadas e biscoitos.
Toda a visita estivo guiada por unha empregada que lles ía explicando nas distintas salas por onde se ía pasando. 


Visitaron distintos compartimentos: o almacén das fariñas e fermentos, o de elaboración das tartas e biscoitos, o da elaboración de napolitanas, o da elaboración do pan, amasado e enfornado do mesmo,... Todo isto completado coas distintas máquinas: amasadoras, batedoras, alisadoras,..


Como remate preparáronlles un obradoiro de amasar, onde os alumnos foron os protagonistas. A masa levárona para casa, onde fixeron xunto coas familias pan, pizzas,..


Como agasallo pola visita, a panadería obsequiounos cunha napolitana e unha barra de  pan a cada un.
Podedes ver as fotos premendo aquí.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario