08/04/16

Salón do Libro

Oíde rapaces: O Salón do Libro de Pontevedra está infestado de bichos! Grandes, pequenos, feros, dóciles, con ás, sen elas... Canta bichería!
O luns tivemos ocasión de visitalo e disfrutamos activamente del.
4º, 5º e 6º de primaria comenzamos a visita coa participación nun obradoiro desenvolvido polo CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) no que dúas especialistas nos explicaron as diferencias entre os lepidopteros e os coleópteros, todos eles insectos, as súas características e,... o máis divertido! poidemos velos a través de lupas electrónicas e diferenciar as súas partes. Sabiades que todos os insectos do planeta pesarían máis ca todos os humanos xuntos? E parecen insignificantes!


Logo, co monitor, recorremos distintas estancias onde poidemos coñecer un pouco máis as peripecias de Estravaganzza Pérez e a súa peculiar forma de vivir. Gracias a Ledicia Costas por agasallarnos con este singular personaxe.

2º e 3º de primaria tamén participaron un obradoiro de debuxo e, ao rematar, realizaron unha visita guiada polos diferentes espazos do Salón do Libro.

  
E 1º de primaria e educación infantil disfrutaron dunha sesión de contacontos a cargo de Raquel Queizás e logo tamén tiveron tempo de recorrer todos os recunchos, de xogar e de saudar a Orbil antes de marchar.


Non deixedes de visitar a XVII edición do Salón do Libro de Pontevedra!!! 

Podedes ver todas as fotos premendo aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario