11/01/17

Festival de Nadal 2016... vaia troula!!

Esta curso, coma todos, o que non faltou no CEIP "A Carballeira" foi o festival de Nadal onde os artistas do centro dérono todo nunhas actuacións que, compañeiros, profesores, nais, pais e familiares, puideron gozar.
Os presentadores do evento foron Sara e Aarón de 6º de EP.

Divertímonos coa interpretación dun fragmento da obra "Das cousas de Ramón Lamote" dos nenos e nenas de 6º.

Non podía faltar o "acrosport" co alumnado de 5º.

Gozamos coa "Danza húngara" de Brahms representada polo alumnado de 3º.

E como non, deleitáronnos con cancións coma a interpretada polos nenos e nenas de 4º "Cantamos pola Paz" e a tanxida por guitarras e voces de alumnado de  6º coa canción "Soldadito marinero".


Tamén nos amenizaron o festival con panxoliñas navideñas e coreografías o alumnado de 1º , 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria e os cativos de Infantil.

Non esquecemos a estupenda actuación de Gabriel e Yaiza bailando a canción "Una mordidita".

O momento máis agardado e expectante foi... a visita do Rei Melchor!!

Como vedes ese día vivimos unha auténtica troula!!
Se queres ver máis fotos, pincha na imaxe.
Non podemos rematar sen agradecer a participación de todos e todas na "Operación quilo" organizada polo colexio.

Bo Nadal!!

India, Sara e Aarón 6º

Ningún comentario:

Publicar un comentario