18/01/17

Froita na Escola!!

Os rapaces e rapazas do colexio "A Carballeira" participamos desde este luns no Programa de Consumo de Froitas e Hortalizas... "Froita fresca na escola".

Repetimos experiencia nesta iniciativa que impulsa a Consellería do Medio Rural, a través do FOGGA.

Trátase dunha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita entre os mozos e mozas.

Durante catro semanas ao longo do curso repartiranse entre os nenos e nenas  froita fresca de tempada que poderán degustar nos períodos de lecer.  


Lembrade, empezamos esta semana, do luns 16 ao venres 20, e continuaremos na semana do 30 de xaneiro. Despois retomaremos en febreiro, do 13 ao 24, e volveremos en marzo, do 6 ao 17, con esta modalidade do programa "Aliméntate ben".

Para rematar, comentarvos que no "Luns, Día do Iogur" participou case a totalidade do alumnado. Todo un éxito!!!
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos 
Agradecemos enormemente ás familias a súa colaboración en todas as iniciativas que propomos dende o colexio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario