25/01/17

"Hora de ler"... Gordiño Recheo

Este mércores, durante a "Hora de ler", os nenos e nenas de 1º e 2º gozaron da lectura cunha nova sesión de contacontos. Nesta ocasión, traballaron na aula o capítulo 2 do libro "Gordiño Recheo": "Un hospital noxento".

Os encargados de preparar a actividade esta semana foron Inés e Manuel, compañeiros de 5º de Primaria, tamén padriños lectores dalgúns destes rapaces e rapazas.

Os cativos de 1º, moi atentos á narración,  escoitaron o capítulo amosando moito interese.

Namentres, os compañeiros e compañeiras de 2º, ademais de escoitar, seguían á lectura en voz baixa.

Inés e Manuel leron estupendamente, senón mirade a manchea de aplausos que recibiron...

Antes de finalizar, preguntaron aos pequerrechos algúns feitos do relato. A actividade de comprensión lectora foi realizada en grupo e todos contribuíron para atinar as respostas correctas.

Se ti tamén queres comprobar se recordas o argumento do capítulo 2, "Un hospital noxento", velaí vos deixamos as preguntas!!



A vindeira semana continuaremos con esta actividade de animación á lectura. Que compañeiros serán os próximos contacontos?

Polo momento, grazas Inés e Manuel por este intre tan pracenteiro!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario