28/01/17

Xoguetoloxía

O xoves, no ximnasio, participamos nun obradoiro de construción de xoguetes, xogos e enredos con materiais de refugallo.
Alí estabamos os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria xunto cos compañeiros e compañeiras de 6º de Infantil.

Comezamos cunha pequena charla das monitoras. Nela explicáronnos que calquera obxecto podémolo converter nun xoguete, só precisamos botarlle algo de imaxinación e ser creativos.

Despois, realizamos un obradoiro no que, coas nosas mans, creamos un xoguete co que enredar logo todos xuntos.

Elaboramos unha tartaruga empregando un anaco de papel, unha casca de noz, fío e un pau.

Empezamos coloreando os debuxos das tartarugas e, deseguido, recortámolos.

Logo, pintamos a casca da noz, cadaquén ao seu gusto, e enchémola de plastilina.

A continuación, puxémonos en ringleira e unha das monitoras foi pegando a noz, o papel e o fío de cada un cunha cola quente.



Ao remate, xogamos e experimentamos con elas. Cal sería a tartaruga máis xeitosa...?
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos
Quedamos todos abraiados como con catro cousiñas se pode facer un enredo tan divertido!!!

                                                   Lúa, Vicky, Noa e Gabriela 3º

Velaquí tedes como creamos as nosas tartarugas!
   

Ningún comentario:

Publicar un comentario