01/02/17

Hora de ler... Gordiño Recheo

Os nenos e nenas de 3º dedicamos a sesión diaria "Hora de ler" ao libro "Gordiño Recheo". Grazas a esta entretida historia traballamos ao mesmo tempo a lectura e a escrita.

Todos colaboramos na narración dos feitos. Primeiro, lemos en voz alta dous capítulos do libro facendo fincapé no ritmo e entoación.

A continuación e en voz alta, elaboramos un resumo deses dous capítulos. Desta forma, traballamos en grupo a expresión e comprensión oral, aportando cada un de nós a nosa perspectiva da historia.

Logo, todas esas achegas témolas que recompilar, estruturar e organizar individualmente en forma de sinopse; así pois, traballamos a expresión e comprensión escrita.


Rematamos a sesión debuxando o que máis nos gustou deses dous capítulos.

Ao final, resulta que somos moi semellantes a Zoel; ler e escribir estase convertendo nun enredo moooi saudable...!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario