03/02/17

Hora de ler... Gordiño Recheo

Este mércores, organizamos en 1º e 2º de Primaria, unha nova sesión de contacontos, dedicando a "Hora de ler" ao  capítulo 3 de "Gordiño Recheo". 

Os narradores  desta semana foron Gabriel e Ariadna de 4º. Desempeñaron o seu papel estupendamente, marcando as pausas apropiadas, e empregando unha entoación axeitada para captar a atención dos seus oíntes.

Continuamos coa mesma dinámica de animación á lectura; os nenos e nenas de 1º escoitaban moi interesados o relato e, os rapaces e rapazas de 2º, seguíano a través de cadanseu libro.


Tras a lectura, prepararon unha rolda de preguntas que proxectaron na pizarra dixital. A verdade, é que  os nenos e nenas de 1º e 2º estiveron ben atentos porque eran coñecedores de todas as respostas! 

Rematamos incluíndo unha nova actividade; despois da comprensión e expresión oral do relato, fixemos un resumo , en voz alta, dos feitos que coñecemos ata agora do protagonista, Zoel. Comezamos escribindo o título do libro.

A continuación, cada un de nós, debuxou a Zoel. Beeen recheo...

Mirade os traballos que recompilamos ao final da actividade!!!


Grazas Gabriel e Ariadna por adicarnos parte do voso tempo de lectura!!!

Por certo, xa temos novos contacontos voluntarios para a vindeira semana, quen será?? 

Se queredes entretervos máis con "Gordiño Recheo", aquí deixamos a actividade de comprensión lectora do capítulo 3 "Unha historia de náuseas"!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario