10/03/17

Hora de ler... Gordiño Recheo

Este mércores, 1º e 2º de Primaria, gozamos dunha nova sesión de contacontos. Os compañeiros encargados de levala a cabo, foron Nerea e Marcos de 4º. Esta semana léronnos o capítulo 7 do libro: "A carreira de quendas e outros xogos".
Rímos moitísimo!!

Continuamos coa dinámica de sesións anteriores, mentres Nerea e Marcos lían, os demais tentabamos seguir o relato polo noso libro.
Ao remate da narración, fixéronnos preguntas sobre o capítulo e que respondemos todas. Recapitulamos a chea de acaecementos ocorridos a Zoel relacionados coa alimentación, o campamento, a familia, os amigos...

Esta vez, tíñannos argallada unha sorpresa. Buscaron e elaboraron unha listaxe de adiviñas sobre alimentos. Atinamos todiñas!!!
Abofé que o fixeron fenomenal!!!
Pincha na imaxe se queres ver máis fotos
Velaquí vos deixamos as adiviñas, ao noso ver doadiñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario