20/03/17

Hora de ler... Gordiño Recheo

Os mércores, durante a "Hora de ler", os compañeiros e compañeiras doutros cursos realizan unha sesión de contacontos en 1º e 2º de Primaria. Esta semana, traballamos o capítulo 8 do libro "Gordiño Recheo": "Os réximes de Angustias Groso Tonel".
As encargadas de lelo foron Lucía e Vicky de 3º.
Unha vez lido o capítulo, en grupo, estruturamos o acaecido no relato. 
Houbo preguntas e tamén moitas mans alzadas que querían responder....
Aproveitamos para integrar contidos doutras materias relacionados co noso PDI "Alimentación saudable". Falamos de obesidade, alimentos saudables e non saudables, produtos naturais e elaborados, que é un réxime e para que serve, que alimentos aportan hidratos, graxas, vitaminas, consumo responsable...
Unha vez rematada esta exposición oral, levamos a cabo unha actividade  na que tiñamos que diferenciar os alimentos saudables dos non saudables e colocar, cada un deles, na táboa correspondente.
Velaquí tedes os traballos realizados nesta sesión. Tes que colocar o rato sobre a saudable mazá para ver as creacións:
              
Foi un auténtico pracer poder contar con Lucía e Vicky como contacontos. Grazas polo vosa participación!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario