24/03/17

Hora de ler... Gordiño Recheo

Este mércores voltamos cunha nova sesión de contacontos durante a "Hora de ler" en 1º e 2º de Primaria. Sara e Aarón de 6º, padriños lectores dalgún de nós,  foron os encargados de desenvolver esta actividade.
Léronnos o capítulo 9 de Gordiño Recheo: "Os cara lavadas". 
Un relato moi entretido no que ao rematar a lectura, falamos como Zoel bota en falta a súa nai, porque voltou escribir as súas memorias, a importancia de ter amigos, que é o colesterol malo que se nombra no capítulo e que alimentos o conteñen, que vai ser de maior, se lle gusta a paisaxe de interior ou de costa...
En fin, unha morea de cuestións que fomos razoando coa axuda dos contacontos.
Para finalizar a actividade, proxectáronnos na pizarra preguntas relacionadas co argumento do capítulo traballado. Fixádevos se coñeciamos as respostas que obtivemos un 10 no test!!








Moitas grazas, Sara e Aarón, por adicar parte do voso tempo a dinamizar a lectura entre os máis cativos!!!
Aquí tedes o test do capítulo 9 "Os cara lavadas". Lembrádesvos do acaecido nel?
    

Ningún comentario:

Publicar un comentario