13/03/17

Saída ao Monte veciñal de Veliñas (Lourizán)

O xoves, 9 de marzo, os alumnos do 3º ciclo do CEIP "A Carballeira"-Lourizán fixemos unha saída extraordinaria ao monte veciñal e mancomún.
Pincha  para ver as diapositivas
Foi un proxecto en colaboración coa Escola de Capataces de Lourizán e a Comunidade de Montes veciñais de Lourizán, que se brindaron a levar a cabo unha plantación de árbores autóctonas da zona, carballos, castiñeiros, sobreiras, sabugueiros, salgueiros, cerdeiras, teixos...
Previamente, o día anterior, o Xefe de Estudos de Escola de Capataces e o Presidente da Xunta de Montes impartíronnos unha charla orientativa sobre os beneficios directos e indirectos que produce o  monte, e o necesario e importante que é que teñamos unha conciencia de coidado e respecto polo nosos montes, como fonte de vida e alimentación.
O presidente da Xunta de Montes (Lucas) acompañounos dende o colexio, ata o monte vecinal, facendo de guía por todo o percorrido; un recoñecemento dos distintos  lugares polos que pasamos, descubrindo  fontes, regatos, lavadoiros, pozas de regadío…
Xa no Monte estábannos agardando membros da Escola de Capataces de Lourizán para axudarnos a facer a plantación. Cada un foi plantando a súa árbore e colocoulle un cartel cravado no chan co nome da mesma e o nome do alumno e a data.
A volta fixémola por outro percorrido para recoñecer mellor a parroquia. 

O monte arrecendía... Quedáronnos moitas gañas de voltar a percorrer os lugares da parroquia e o noso monte.
Agardamos poder cumprir este desexo!!
Pincha se queres ver máis fotos
Grazas a todos aqueles que fixéstedes posible a realización desta actividade!!
Alumnado de 5º e 6º de Primaria

Ningún comentario:

Publicar un comentario