02/04/17

2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o tema elixido este ano 2017 para celebrar o 2 de abril o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
As persoas con autismo enfróntanse a numerosas barreiras á hora de gozar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.
As barreiras ás que se enfrontan varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas. Que a sociedade entenda cales son as barreiras ás que se enfrontan as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.
Lembra que  a  inclusión e participación activa na sociedade é un dereito fundamental para calquera cidadán.

Aquí vos deixamos "Mi hermanito de la Luna", unha curtametraxe sobre o Autismo.
     

Ningún comentario:

Publicar un comentario